Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/123-2, 5154 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: desviación instalacións eléctricas autovía noroeste (Castro-Lama-Noceda).

Situación: As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV en conductor LA-110 cunha lonxitude de 1.807 m. L.M.T. aérea a 20 kV en conductor LA-56 cunha lonxitude de 230 m. R.B.T. aérea a 380/220 V en conductor R.Z. cunha lonxitude de 100 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de novembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo