Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.309

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios, convocado por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 8 de outubro de 1999.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 8 de outubro de 1999 da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe do rector.

O rector, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: secretaria do rector.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Moreira Figueiras, María del Carmen.

DNI: 33.275.478.