Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 13 de decembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 14 de outubro de 1999.

Advertido erro na Orde do 13 de decembro de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 244, do 21 de decembro de 1999, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 14 de outubro de 1999, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 14.943, columna dereita, no anexo onde di: «Localidade: Santiago de Compostela», debe dicir: «Localidade: A Coruña.».