Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Xoves, 30 de decembro de 1999 Páx. 15.270

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se nomean vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente,

determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

Por outra banda o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente, aprobado polo Pleno o día 12 de abril de 1996 establece a posibilidade de cesa-los seus membros por proposta das organizacións, institucións ou autoridades que promoveron o seu nomeamento, debendo presenta-la oportuna proposta de novo nomeamento o presidente do Consello, polo que, solicitada pola Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, o cesamento do vocal designado pola área ambiental de augas marítimas, procede acordalo e nomea-lo novo representante proposto pola dirección xeral.

Por todo isto, en uso da atribución outorgada polo artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese Antonio Fernández Cordeiro como vocal titular pola área ambiental de augas marítimas do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Artigo 2º

Designar a Xosé Manoel Romarís Pais como vocal titular pola área ambiental de augas marítimas do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, que cesa no seu anterior posto de vocal suplente.

Artigo 3º

Designar a Araceli Hidalgo Cortijo como vocal suplente pola área ambiental de augas marítimas do Consello Galego de Medio Ambiente por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente