Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación para as instalacións dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Paxareiras II F-A Ruña. (Expediente 3/1996).

Autorizado e aprobado o proxecto do parque eólico de referencia, que se instalará nos montes Ruña de Colúns e parcela I do Pedregal-A Ruña, no termo municipal de Mazaricos (A Coruña), por Resolución do 12 de febreiro de 1999, da Dirección Xeral de Industria (DOG nº 52, do 16 de marzo), aprobado definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do referido parque eólico, por acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de xullo de 1999 (DOG nº 162, do 23 de agosto), e declaradas de utilidade pública, en concreto, as súas instalacións por Resolución do 28 de outubro de 1999, da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 217, do 10 de novembro), a prol da sociedade Eurovento, S.L. (unipersoal), con enderezo na rúa Galeras, 17-3º, 15705 Santiago de Compostela.

A referida declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados pola execución do proxecto aprobado, e da declaración de urxente ocupación, de conformidade do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, (DOG do 17 de xullo), da Consellería de Industria e Comercio, que regula o aproveita

mento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro).

En consecuencia, fáiselles saber ós titulares propostos dos predios que se conteñen na relación anexa, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que o día 28 de xaneiro de 2000, o representante da Administración acompañado dun perito, sé constituirá nos predios para a toma de datos e levantar a partir das 11 horas, nas oficinas da Casa do Concello de Mazaricos, as actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens obxecto de expropiación ou servidume, e se farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

A presente resolución publícase no DOG, no BOP, e xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego, solicitando a súa exposición no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Mazaricos.

Advírteselles ós interesados que no día e hora sinalados, poderán facerse acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa, e formular por escrito perante esta delegación ata aquel momento as alegacións, para os únicos efectos de corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens e dereitos obxecto de expropiación de superficies en solo ou de imposición de servidumes en superficies de voo.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir

ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 15 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Propietarios privados afectados Paxareiras IIF (expediente 3-1/1996)

Beneficiario da expropiación: EuroVento, S.L. Proxecto: parque eólico de Paxareiras IIF (Ruña).

Provincia: A Coruña.

Nome propietarioDomicilioNº predioDenominaciónTermo

municipal

Superficie afectada

SoloVoo

***

Ocupación

temporal

para obra

(m)

****

Cim.

Aerox.

(m)

*

Vía

gabia

(m)

*

Plata-

forma

(m)

*

Transformador

(m)

*

Vía

(m)

**

Gabia

(m)

*

Lado Casais Hdos. de José (proindiviso)Lugar de Colúns

15256 Mazaricos

1F1Campo Sobreiro ou Campo CebreiroMazaricos125212351605

Hdos. de José Mª González Casais (Rte.: González Cives, José A.)Lugar de Colúns

15256 Mazaricos

1H1Campo Sobreiro ou Campo CebreiroMazaricos256689800930233.9275.516

Igrexa parroquial de San Salvador de Colúns (párroco José Dopacio Novoa)Lugar de Colúns

15256 Mazaricos

1Q1Chan do FieiroMazaricos63183885471.842

Hrdos. de José Mª González Casais (Rte.: González Cives José A.)Lugar de Colúns

15256 Mazaricos

1A2Chan do FieiroMazaricos1262753108861.574

Caamaño Alvela, PreciosaLugar de Xil de Arcos

15256 Mazaricos

1B2-3Chan do FieiroMazaricos316178

Lado Lado Domingo e o seu tío Lado Lado, ManuelLugar de Colúns

15256 Mazaricos

1L2Chan do FieiroMazaricos247334162845739511.421

Hdos. de Leocadia Alvela Maceiras (Alvela Maceiras, Margarita Encarnación, Estrella e José)Lugar de Colúns

15256 Mazaricos

1N2Chan do FieiroMazaricos131312076933443783

* Tipo de afección: expropiación de plana propiedade.

Dimensións: cimentación = 15x15 m; accesos = 12 m de largo; plataforma = 20x20 m; transformador = 10x8 m; gabia = 2 m de largo.

** Tipo de afección: imposición servidume paso eléctrico subterráneo.

*** Tipo de afección: imposición servidume voo pa do aeroxerador.

*** Tipo de afección: ocupación temporal (1 ano) para realización das obras de execución do parque eólico comprensiva dun corredor de 35 m a cada lado da aliñación de aeroxeradores.