Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Mércores, 29 de decembro de 1999 Páx. 15.171

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 1999, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

O Decreto 347/1997, do 9 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, no seu artigo único crea a Consellería de Medio Ambiente.

O Decreto 351/1997, do 10 de decembro, no artigo 12 fixa a estructura orgánica superior desta nova consellería, posteriormente desenvolvida polo Decreto 482/1997, do 30 de decembro, e modificada polo Decreto 122/1999, do 23 de abril.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de maio ordenouse a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de maio de 1999, polo que se aprobou a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

Como consecuencia dos acordos sobre medidas para o crecemento do emprego en Galicia, acadouse un acordo para a consolidación do emprego estructural na Consellería de Medio Ambiente que supón a incorporación a ela de novos postos de traballo que deben de ser recollidos na súa relación de postos de traballo.

A devandita incorporación de postos fai necesario elaborar unha nova relación de postos de traballo na que, ademais de recolle-los novos postos, se vexa reflectida unha organización que permita que se melloren os servicios que presta a Consellería de Medio Ambiente.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2000, excepto no referente ós postos que figuran coa observación «Plan de consolidación de emprego ano 2001» que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2001.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

MA.C01.00.000.15770.001

MA.C02.00.000.15770.001

MA.C03.00.000.15770.001

MA.C04.00.000.15770.001

MA.C05.00.000.15770.001

MA.C99.10.000.15001.001

MA.C99.10.000.27001.001

MA.C99.10.000.32001.001

MA.C99.10.000.36001.001

Secretario/a conselleiro

Secretario/a do secretario xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a do director xeral

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Secretario/a delegado

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

MA.C02.00.001.15770.007

MA.C02.00.002.15770.017

Xefe de Sección de Habilitación de Persoal

Xefe de Sección Habilitación

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.
MA.C99.10.000.15001.084Xefe de Sección Habilitación e Xestión Económica
MA.C99.10.000.27001.085Xefe de Sección Habilitación e Xestión Económica
MA.C99.10.000.32001.073Xefe da Sección Habilitación e Xestión Económica
MA.C99.10.000.36001.084Xefe da Sección Habilitación e Xestión Económica

MA.C99.10.301.15001.002

MA.C99.10.301.27001.002

MA.C99.10.301.32001.002

MA.C99.10.301.36001.002

Director de Espacios Naturais (A Coruña)

Director de Espacios Naturais (Lugo)

Director de Espacios Naturais (Ourense)

Director de Espacios Naturais (Pontevedra)

Postos de especial responsabilidade nos que se require contar con funcionarios con alto grao de especialización, para efectos da necesidade de manter un equilibrio entre a conservación dos espacios naturais e o seu desenvolvemento socioeconómico.

MA.C99.20.010.15350.001

MA.C99.20.020.15090.001

MA.C99.20.030.15580.001

MA.C99.20.040.15560.001

MA.C99.20.050.15910.001

Xefe de distrito (Ferrol)

Xefe de distrito (Bergantiños-Mariñas coruñesas)

Xefe de distrito (Santiago-Meseta inferior)

Xefe de distrito (Barbanza)

Xefe de distrito (Fisterra)

Postos de especial responsabilidade derivada das funcións de comunicación directa co sector forestal do respectivo distrito e das funcións directivas de planificación, control e coordinación de recursos.
MA.C99.20.060.27650.001Xefe de distrito (Mariña lucense)
MA.C99.20.070.27060.001Xefe de distrito (A Fonsagrada-Os Ancares)
MA.C99.20.080.27300.001Xefe de distrito (Terra de Lemos)
MA.C99.20.090.27001.001Xefe de distrito (Lugo-Sarria)
MA.C99.20.100.27640.001Xefe de distrito (Terra Chá)
MA.C99.20.110.32190.001Xefe de distrito (O Ribeiro-Arenteiro)
MA.C99.20.120.32001.001Xefe de distrito (Miño-Arnoia)
MA.C99.20.130.32090.001Xefe de distrito (Valdeorras-Trives)
MA.C99.20.140.32840.001Xefe de distrito (Verín-Viana)
MA.C99.20.150.32060.001Xefe de distrito (A Limia)
MA.C99.20.160.36240.001Xefe de distrito (Deza-Tabeirós)
MA.C99.20.170.36420.001Xefe de distrito (O Condado-A Paradanta)
MA.C99.20.180.36380.001Xefe de distrito (Vigo-Baixo Miño)
MA.C99.20.190.36590.001Xefe de distrito (Caldas-O Salnés)

Cuarto.-Deixar sen efecto a anterior relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente publicada no DOG nº 103, do 1 de xuño de 1999.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e nove, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

OBSERVACIÓNS:

(1) Sen dotar orzamentariamente.

(2) Ocupado por laboral fixo.

(3) Plan de Consolidación de Emprego. Ano 2000.

(3 bis) Plan de Consolidación de Emprego. Ano 2001.

(4) Cando sexa vacante, transformar en xefe de sección. N 25.

(5) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Ortegal.

(6) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal do Eume.

(7) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal da Mariña Central.

(8) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal da Mariña Oriental.

(9) Cando sexa vacante, situar en M.A.N. na comarca de Lugo.

(10) Cando sexa vacante, situar en M.A.N. no distrito X: A Terra Chá.

(11) Cando sexa vacante, situar no distrito XI: O Ribeiro-Arenteiro.

(12) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal Terra de Caldelas-Terra de Trives.

(13) Cando sexa vacante, situar en M.A.N. na comarca de Verín.

(14) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal da Baixa Limia.

(15) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Ourense.

(16) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Allariz-Maceda.

(17) Cando sexa vacante, situar no distrito forestal XVIII: Vigo.

(18) Cando sexa vacante, situar no distrito forestal XVI: Deza-Tabeirós.

(19) Cando sexa vacante, situar en M.A.N. na comarca Terra de Caldelas-Terra de Trives. (G.F.).

(20) Cando sexa vacante, situar en M.A.N. na comarca da Baixa Limia. (G.F.).

(21) Cando sexa vacante, transformar en axente forestal na comarca Ordes-Santiago de Compostela.

(22) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal do Condado.

(23) Cando sexa vacante, situar en M.A.N. no distrito V: Fisterra.

(24) Cando sexa vacante, situar na comarca forestal Terra de Valdeorras.

(25) Dispoñibilidade horaria.

(26) Complemento de nocturnidade.

(27) Ocupado por funcionario.

(28) Media xornada.

(29) Cando sexa vacante, situar en Montes Pontevedra (grupo III, categoría I).

NOVAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS:

794.-Experiencia en xestión de solos contaminados e residuos (R.I.).

795.-Experiencia en xestión pública de montes.

796.-Experiencia en tecnoloxía industrial.

797.-Experiencia en investigación ambiental.

798.-Coñecementos en fitopatoloxía.

799.-Experiencia en xestión de solos contaminados e tramitación de RP'S (R.I.).

850.-Experiencia en xestión de recursos cinexético-piscícolas.

851.-Experiencia en xestión da fauna, da flora e de animais domésticos.