Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 28 de decembro de 1999 Páx. 15.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de combustible para o Instituto Municipal dos Deportes de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Dependencia: Administración.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de gasóleo tipo C, para as instalacións de calefacción e auga quente.

Unidades que se van entregar:

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: tres anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 12.000.000 de ptas./ano.

5. Garantías: provisionais: 720.000 ptas.

Definitiva: 1.440.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 00.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data: as doce horas do día seguinte hábil ó que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de comisións da Casa do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XI do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 25 de novembro de 1999.

Santiago Domínguez Olveira

Presidente do Consello de Administración do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo