Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 24 de novembro de 1999, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: subministración de xuvencas receptoras para a granxa provincial Gayoso Castro do Inludes.

3. Orzamento: nove millóns cincocentas mil pesetas (9.500.000 ptas.).

4. Prazo de entrega: 6 meses desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Sección Servicios Xerais. Negociado Xestión de Programas Rexistro e Información.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 270, do 24 de novembro de 1999.

Lugo, 24 de novembro de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo