Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOBER

EDICTO.

O Pleno Municipal, en sesión do día catro de decembro, aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite ordinario, dos traballos para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o cal permanecerá exposto ó público nas oficinas municipais durante os oito días seguintes á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para os efectos de exame e reclamacións.

Coa excepción do disposto no artigo 122 do R.D. lexistivo 78/1986, do 18 de abril, anúnciase o seguinte concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sober.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sober.

b) Lugar de execución: Sober.

c) Prazo de execución: 13 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:13.670.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 273.400 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sober.

b) Enderezo: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Sober, 27460.

d) Teléfono: 982 46 00 01.

e) Fax: 982 46 00 02.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: 26 días seguintes á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

g) Documentación que se debe presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas.

7. Lugar de presentación.

a) Entidade: Concello de Sober.

b) Enderezo: praza do Concello, 1.

c) Localidade e código postal: Sober, 27460.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Sober.

b) Enderezo: praza do Concello, 1.

c) Localidade: Sober.

d) Data: quinto día hábil seguinte a aquel en que finalice a presentación de ofertas.

e) Hora: once horas.

9. Outras informacións: nas oficinas do Concello de Sober.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Sober, 7 de decembro de 1999.

Raquel Arias Rodríguez

Alcaldesa