Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1999 pola que se anuncia a licitación, para a adxudicación mediante concurso, da concesión da obra pública consistente na construcción dun aparcamento subterráneo no subsolo do mercado de abastos e rúas perimetrais e subseguinte explotación logo de execución e se dispón a apertura dun período simultáneo de información pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a concesión da obra pública consistente na construcción dun aparcamento subterráneo e subseguinte explotación da obra executada mediante a xestión do servicio de aparcamento público de vehículos, conforme o proxecto técnico presentado pola empresa que resulte adxudicataria e aprobado polo concello.

b) Duración da concesión: o prazo mínimo da concesión será de 25 anos e o máximo de 50 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento estimativo: 450.000.000 de ptas.

5. Canon: cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías:

Provisional: 9.000.000 de ptas.

Definitiva: 4% do orzamento do proxecto de execución das obras seleccionado.

7. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: corenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 15ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

9. Constitución da mesa de contratación e apertura de proposicións: cláusula 16ª, 17ª e 19ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Criterios de adxudicación:

1. Menor esixencia de contraprestación económica pola cesión dos 1.200 m da primeira planta para espacio reservado a usos exclusivos do mercado no suposto de que se producise desequilibrio: ponderación 30% (outorgaráselle-la puntuación máxima a aquelas ofertas que non inclúan esixencia da contraprestación económica. As ofertas con esixencia de contraprestación económica puntuaranse do 1% ó 10%).

2. Mellor plan de coordinación das obras do aparcamento subterráneo coas de execución da reforma integral do mercado de abastos: ponderación 15%.

3. Melloras no acondicionamento dos espacios reservados para uso do mercado: ponderación 10%.

4. Menor importe de tarifas ós usuarios: ponderación 10%.

5. Maior número de prazas de estacionamento: ponderación 10%.

6. Menor prazo de execución das obras indispensables para facilita-la continuación das obras de reforma do mercado: ponderación 5%.

7. O menor prazo de duración da concesión entre 25 e 50 anos: ponderación 5%.

8. Calidades das estructuras, instalacións e material empregado: ponderación 5%.

9. Ordenación e urbanización das vías: ponderación 5%.

10. Mellora de dimensións e tamaños de prazas, dársenas e rúas interiores: ponderación 5%.

11. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1. Os dos anuncios que xere o concurso e os actos preparatorios daquel.

2. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de concesión de obra pública e subseguinte explotación das obras, incluído o IVE e o imposto municipal sobre actividades económicas.

3. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, conforme as tarifas establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa.

4. Os de redacción do proxecto técnico e os de dirección técnica das obras, así como dos derivados das probas ordenadas pola inspección técnica.

Suspensión da apertura de proposicións: o expediente e os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares reguladores da concesión sométense a información pública durante o período de trinta (30) días hábiles, computados desde o día seguinte da publicación deste anuncio no BOP, nº 237, do 13 de decembro de 1999, polo que, de presentarse reclamacións, estas serán resoltas polo Pleno da Corporación antes do prazo sinalado para a adxudicación do concurso, aprazándose a licitación (acto de apertura de proposicións) se fora necesario.

Pontevedra, 15 de decembro de 1999.

Miguel Anxo Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral