Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-349).

Por resolución desta Alcaldía nº 6262/99, do 5 de novembro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o Plan parcial relativo ó SUP 3-R, en Perillo, tramitado por Urbanizaciones Santa Cristina, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 22 de novembro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta