Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente C.P. 101/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405-Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de realización de probas analíticas por laboratorio externo.

c) Lotes: nun único lote.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 153, do 10 de agosto de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

19.900.000 pesetas (119.601,41 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 22 de outubro de 1999.

b) Contratista: Balague Center, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe adxudicado:

3.316.667 pesetas (19.933,57 euros).

c) Importe total adxudicado:

3.316.667 pesetas (19.933,57 euros).

Ferrol, 23 de novembro de 1999.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol