Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/287-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Domicilio social: r/ A. Tomé, 130, 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. a 20 kV Francos-Bouza.

Situación: A Baña e Santa Comba.

Características técnicas: reforma da L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. de Unión Eléctrica Fenosa en Francos e final na L.M.T. Eléctrica de Santa Comba (expediente 27949) no lugar de Bouza, de 3.283 m de lonxtiude en conductor LA-110 e apoios de formigón. Concellos afectados A Baña e Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña