Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 27 de decembro de 1999 Páx. 15.124

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de medicina, do departamento de Medicina, a Pilar Civeira Murillo.

Visto o acordo da Comisión de Reclamacións do claustro universitario desta universidade, adoptado

na súa reunión do 25 de novembro de 1999, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 7 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro), para a provisión da praza número 98/057, de catedrático de universidade da área de coñecemento de medicina, do departamento de Medicina desta universidade, a favor de Pilar Civeira Murillo, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Pilar Civeira Murillo catedrática de universidade da área de coñecemento de medicina, do departamento de Medicina desta universidade.

A Coruña, 7 de decembro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña