Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO de aprobación inicial dun estudio de detalle.

Por Decreto da Alcaldía do 17 de novembro de 1999, aprobouse inicialmente un estudio de detalle redactado polo arquitecto José Antonio Rodríguez Basalo, por instancia de Juan Manuel Pérez Pérez, no nome e representación de Manuel Pérez Lage e outros, referido a unha zona coñecida como finca Silvela, dentro do núcleo de Allariz.

Durante o prazo dun mes sométese a información pública, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal la Región de Ouren

se, segundo dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Allariz, 17 de novembro de 1999.

Anxo M. Quintana González

Alcalde