Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 19 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e período executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións

polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Galego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no Art. 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (Art. 21 de la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 19 de novembro de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimom Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Helena Fernándes, MaribelCK 263325Asistencia sanitaria27-8-1999/28-8-199924.840
Lago Amoedo, Cándido35933893Asistencia sanitaria29-7-1999/29-7-199924.840
Rodríguez Perich, Mercedes32125840Asistencia sanitaria24-6-1999/1-7-1999467.881
Jurado Suárez, Edna34605356Asistencia sanitaria20-7-1999/20-7-199924.840