Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados, que a seguir se relacionan, aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos enderezos expresados, correspondentes a resolucións de concesión de axuda ó tipo de xuro de préstamos, ó abeiro da convocatoria para 1998 do programa de financiamento da Iniciativa Peme de Desenvolvemento Empresarial (orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de marzo de 1998, Diario Oficial de Galicia nº 81, do 29 de abril).

Expediente: IPFA-078/1998.

Titular: Barros Sanjuán, Antonio.

NIF: 35.530.444-K.

Acto que se notifica: resolución de concesión do presidente do Igape con data do 19 de abril de 1999.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Unidade de Liquidacións da Área de Incentivos do Igape (complexo administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto referido.

O titular deberá aceptar expresamente as condicións da concesión no prazo dun mes desde a publicación deste anuncio. En caso contrario entenderase que renuncia á subvención concedida.

O que se fai público para os efectos do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica