Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 24 de decembro de 1999 Páx. 15.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia consistente na elaboración de dous modelos para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia e para a previsión a curto prazo das variables fundamentais da economía galega.

De acordo co previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación definitiva dun contrato de consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Nº de expediente: 640.0/01.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: elaboración de dous modelos para reproduci-lo comportamento global do sistema socioeconómico de Galicia e para a previsión a curto prazo das variables fundamentais da economía galega.

c) Diario Oficial de Galicia e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 181, do 17 de setembro de 1999.

3. Tramitación, forma e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación: 26.000.000 de pesetas, 156.263,15 euros.

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de novembro de 1999.

b) Empresa adxudicataria: Predicciones Macroeconómicas, S.L.

c) Importe: 25.750.000 pesetas, 154.760,62 euros.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística