Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.010

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de decembro de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A execución da sentencia do Xulgado do Social número un de Santiago de Compostela no auto número 465/1998 fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Na relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal laboral

-Na páxina 8.683 no centro de destino «SECRET. XERAL DA PRESIDENCIA», engádense os seguintes postos de traballo de nova creación:

Código do posto: «PR.P01.00.001.15770.035».

Denominación: «LIMPADOR/A».

Vacante: «SI».

Forma de provisión: «C».

Grupo: «V».

Categoría: «11».

Código do posto: «PR.P01.00.001.15770.036».

Denominación: «LIMPADOR/A».

Vacante: «SI».

Forma de provisión: «C».

Grupo: «V».

Categoría: «11».