Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 23 de decembro de 1999 Páx. 15.009

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1999, da Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental e da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de seis bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán no marco do Programa de Investigación en Medio Ambiente do PGIDT.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de outubro de 1999 regulaba as bases para a convocatoria de seis bolsas para a incorporación de titulados superiores ó Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

Na base 8 do anexo I da citada orde determinábase o proceso de constitución da comisión de selección e os criterios de selección que deberían ter en conta para a selección dos aspirantes.

Na base 9 establecíase o procedemento de resolución da convocatoria por resolución conxunta do secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e o director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

Na súa virtude e atendendo á proposta elaborada pola comisión de selección, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental,

RESOLVEN:

Primeiro.-Concederlles bolsa de incorporación a proxectos de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-No caso de que se producise algunha renuncia ás bolsas a que se refire o anexo I, a Dirección Xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, tendo en conta o remanente de crédito, poderá adxudicarlle-la correspondente bolsa a outro dos candidatos, de acordo coa lista de suplentes que figura no anexo II desta resolución e na mesma orde.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 26 de outubro (DOG do 5 de novembro) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa

publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Quinto.-O desfrute da bolsa unha vez aceptada polo beneficiario contará desde o 15 de decembro de 1999 ó 15 de decembro de 2000.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

Juan José Casares LongMiguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral do Centro deSecretario xeral de Investigación

Información e Tecnoloxíae Desenvolvemento

Ambiental

ANEXO I

BolseirosDNI

Titulación: enxeñeiro de montes

José Antonio Grandas Arias33.334.703 K

Luis Esteban Ortega Mene32.829.233 E

Miguel Ángel Cogolludo Agustín50.852.825 D

Titulación: licenciado en bioloxía

Beatriz García Berros52.613.783

María José Sánchez-Biezma Serrano33.267.446 Q

Titulación: licenciado en química

Pedro Besada Pereira44.075.272 G

ANEXO II

SuplentesDNI

Titulación: enxeñeiro de montes

Mónica Cacheiro Pose32.822.173 T

Ruth Martín Pérez03.459.822 R

Mónica Calvo Polanco09.337.767 C

Domingo de la Mano Fernández09.330.609 S

Fernando Fernández Cabana76.573.382 B

Nieves Novo Lodeiro33.334.057 L

Sara Anguita Fernández26.026.244 L

Javier Estévez Miranda35.318.828 D

Susana Belén Álvarez López05.283.241 A

Titulación: licenciado en bioloxía

María Teresa Salgueiro Varela35.308.028 S

María Victoria Durán Carril35.453.291

Marta Cotado Sampayo76.718.864 H

Esteban Sinde Stompel36.138.828 D

Daniel de la Torre Llorente53.010.211 H

Eulalia Pilar Fernández Cabello50.279.973 T

Titulación: licenciado en química

María del Mar Núñez Castro33.334.148 H

María Esther Vaz Araújo36.124.798 D

Miguel Óscar Rodríguez Rodríguez33.337.138 H