Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación á disposición transitoria 2ª punto 4, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun diario de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción, para a posterior construcción dunha estación base de telefonía móbil no lugar denominado A Cruz da Pedra de Vilarello da Cota, na parroquia de Santa María de Vilarello da Cota, promovido por Airtel Móvil, S.A.

Vilardevós, 18 de novembro de 1999.

José Luis Pérez García

Alcalde