Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 15.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de urbanización da vía na U.E. IV-04 Ramón Nieto, 1. (Expediente 4161/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de novembro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da vía na U.E. IV-04 Ramón Nieto, 1, formulado pola entidade Edificaciones y Desarrollos Galaicos, S.A., e redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado, visado polo C.O.A.G. do 11 de xuño, 17 de setembro, e 15 de novembro de 1999.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo