A entidade Agroganadera de Sarria, S.C.L., con domicilio social en San Xulián da Veiga, s/n, 27600 Sarria (Lugo), solicitou o recoñecemento como Agrupación de Productores Agrarios (APA) para a comercialización de leite de vaca, conforme o Real decreto 280/1988, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 18 de marzo, e a normativa comunitaria ó respecto, relativa ás agrupacións de productores e ás súas unións.
Considerando que a citada cooperativa cumpre as condicións esixidas, e en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
ACORDO:
Primeiro.-Recoñecer como Agrupación de Productores Agrarios para a comercialización de leite de vaca a Agroganadera de Sarria, S.C.L., con ámbito territorial na provincia de Lugo.
Segundo.-Comunicarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o seu recoñecemento para que proceda á súa inscrición no Rexistro Xeral de Agrupacións de Productores e as súas Unións.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política
Agroalimentaria