Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: r/ Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Boavista, C.T. Vilanova.
Situación: Pontedeume.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x240) mm Al, de 249 m de lonxitude, con orixe no C.T. Boavista, existente e final no C.T. Vilanova, tamén existente. Pontedeume.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 18 de novembro de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña