Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 22 de decembro de 1999 Páx. 14.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/178-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Cruceiro-Bando.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor

R.H.V.-12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 105 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Bando (expediente 30421) e final no C.T. Cruceiro-Bando que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cruceiro-Bando-Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 17 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña