Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 23 de novembro de 1999 pola que se lle notifica o laudo da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia do 3 de novembro de 1999 á empresa Infoelectro, S.L. por ser devolto polo servicio de correos, por resultar ausente o seu destinatario.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula ponse en coñecemento da empresa Infoelectro, S.L. o laudo dictado, o día 3 de novembro de 1999, polo Colexio Arbitral nomeado para resolve-la reclamación formulada por Ana Belén Vázquez Rodríguez contra a devandita empresa.

Expediente: 30160.

Empresa reclamada: Infoelectro, S.L.

Enderezo: Erbedelo, 34, Centro Comercial Coutro Lc. 28, Ourense.

Reclamante: Ana Belén Vázquez Rodríguez.

Laudo:

O Colexio Arbitral, entrenado no estudio da solicitude de arbitraxe, e segundo o seu leal saber e entender, pronuniciou o seguinte laudo:

Non procede estima-la reclamación, pois o disco duro non presentaba ningunha avaría, simplemente estaba mal configurado no programa de arrinque do ordenador.

O dito laudo foi adoptado por unanimidade.

Notífiqueselles ás partes o presente laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra este cabe o recurso de anulación, de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe.

Dentro dos cinco días seguintes á notificación poderá pedirlle ó Colexio Arbitral que corrixa calquera erro de cálculo, de copia, tipográfico ou similar ou que aclare algún concepto escuro ou omisión do laudo.

Ourense, 23 de novembro de 1999.

Antonio Aguarón Turrientes

Secretario do Colexio Arbitral