Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de novembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado (intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992) o acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento 49/1999. Ocupación sen título.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do corrrespondente expediente administrativo de desafiuzamento que, con número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, de 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente, e se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por cumprido o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola lei 4/1999, do 13 de xaneiro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 19 de novembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 49/1999 (ocupación sen título).

Adxudicatario: Juan Antonio Rodríguez Abad e herdeiros.

Último domicilio coñecido: O Birloque, bloque 10, 5º B (A Coruña).

(Expediente C-1-CD/79, conta 378).