Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/296-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171. 15000 A Coruña.

Denominación: aliñación L.M.T. Polígono do Tambre.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: reforma da L.M.T. aérea denominada nº 4, do polígono do Tambre, a subterránea, cunha lonxitude de 155 m, en conductor R.H.V-12/20 kV de 240 mm Al, nas inmediacións

de vía Farady con vía Edisón dentro do polígono do Tambre. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña