Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.943

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 9 de decembro de 1999 pola que se resolve parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 7 de outubro de 1999 (DOG nº 203, do 20 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 7 de outubro de 1999 (DOG nº 203, do 20 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro no que cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3265014535A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: González Serrano, Santiago.

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio Rexistro Xeral de Contratistas e Contratación.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 28.

C. específico: 1.703.640.