Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Martes, 21 de decembro de 1999 Páx. 14.942

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 13 de decembro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 14 de outubro de 1999.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 14 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 205, do 22 de outubro), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Gali

cia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 14 de outubro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 205, do 22 de outubro).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

Terceiro.-Declarar deserto o posto de traballo OT.C99.10.000.36001.075 Servicio de Supervisión de Proxectos.

Cuarto.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lles foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Quinto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no titulo administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Sexto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 32.167.414.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Rodríguez Alonso, José Luis.

Código: OT.C99.10.000.15001.115.

Denominación do posto de traballo: Servicio de Estradas.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 Administración especial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.431.060.