Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.912

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 17 de novembro de 1999, da Delegación da Coruña, de notificación de providencia de constrinximento. (Referencia 99.2.11.002).

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes na Dependencia de Recadación da Delegación da AEAT da Coruña, sita na rúa Comandante Fontanes, 10, 15003 A Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Procedemento: procedemento administrativo de constrinximento (recadación).

InteresadosCIF/NIF

Iglesias Veira, María Carmen32.123.490-B

López del Río, María Josefa33.792.467-Q

Rodríguez Alonso, Ramón76.403.904-C

A Coruña, 17 de novembro de 1999.

Carlos Revenga Portela

Xefe da Dependencia de Recadación da Coruña