Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación no núcleo 01.02 O Carregal C na parroquia de Alcabre. (Expediente 4158/401).

Sométese ó trámite de información pública polo prazo de vinte días contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio, segundo o establecido no artigo 102 en relación co artigo 133.8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de compensación no núcleo 01.02 O Carregal C na parroquia de Alcabre, presentado pola entidade Viuconsa, e redactado por Enrique Rodríguez Alfaro.

A documentación atópase na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O que se publica para o xeral coñecemento.

Vigo, 10 de decembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo