Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de novembro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aumentos de base impoñible pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Baqueiro Méndez, Avelino).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aumentos de base impoñible pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de novembro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado Procedemento

Baqueiro Méndez Avelino

DNI: 36.011.483

Av. Ourense, 27

Cangas

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

(R.D. lexislativo 1/1993, do 24 de setembro)

Exp.: T-1159/95. Liq.: 600401252967.