Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Luns, 20 de decembro de 1999 Páx. 14.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de novembro de 1999, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rodríguez Bastos, Juan José e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa, Cambados e Redondela en aplicación do artigo 120 e seguintes, e concordantes, da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante as oficinas sinaladas no parágrafo anterior, con enderezo:

Rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1ºB-Vilagarcía de Arousa.

Rúa Ourense 16-Cambados.

Rúa Casto San Pedro, 1-1ºC-Redondela.

En horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra 19 de novembro de 1999.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado Procedemento

Rodríguez Bastos Juan José.

DNI: 35.999.269.

R. Celso Emilio Ferreiro, 5

portal 3-1ºC.

Vilagarcía de Arousa.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exp.: 2830/98. Liq.: 577/98.

Ribainver, S.L.

CIF: B36.122.455.

R. Riestra, 34-3º.

Pontevedra.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exp.: 1361/97. Liq.: 293/99.

Martínez Cacheda Francisco Javier.

DNI: 35.253.401.

Av. Praia Silgar, 7.

Sanxenxo.

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exp.: 1077/99. Liq.: 399/99.

Casal Pio M del Rosario.

DNI: 36.012.026.

Praia Arealonga, 36.

Cacharela-Teis

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Exp.: 343/96. Liq.: 809/99.