Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 17 de decembro de 1999 Páx. 14.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 26 de novembro de 1999 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2000.

De acordo co disposto no artigo 3 punto dous do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, a Consellería de Industria e Comercio fixará anualmente oito domingos ou festivos que, cun horario máximo de doce horas diarias, se considerarán hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación do citado artigo 3, punto dous, do Decreto 365/1996 e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, procédese á fixación dos domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 2000.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público durante o ano 2000 son:

2 de xaneiro.

9 de xaneiro.

20 de abril.

2 de xullo.

3 de decembro.

10 de decembro.

17 de decembro.

24 de decembro.

Artigo 2º

O disposto no artigo anterior enténdese sen prexuízo das normas xerais que, en materia de horarios comerciais, establece o Decreto 365/1996, do 26 de setembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio