Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, da notificación da resolución do expediente sancionador IF-88/1999 (incendios Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 70, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Lugo, 10 de novembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO:

Expediente: IF-88/1999.

Denunciado: José Manuel López Agrelo.

DNI:34.264.225.

Enderezo: San Pedro de Calde, nº 24 - Lugo.

Feito denunciado: efectuar unha queima amoreada de mato, carecendo da preceptiva autorización de queima.

Precepto infrinxido: artigo 137.b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 10.000 ptas. de multa.