Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Paleira (Murás).
Situación: Murás.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 24 metros de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 1.780 metros de lonxitude en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 21 de outubro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo