Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 16 de decembro de 1999 Páx. 14.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/125-2, 5193 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Gulpilleiras. Piñeira (A Fonsagrada).

Situación: A Fonsagrada.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor Al-56 sobre apoios de formigón con derivacións a C.T. Mido e Gulpilleira cunha lonxitude total de 123 metros. Centro de transformación de Gulpilleira de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 20 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo