Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.725

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1999 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite urxente e tramitación anticipada, para a contratación dun servicio de vixilancia encargado da seguridade das dependencias do CIXTEC. (Expediente 19/1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Número de expediente: 19/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dun servicio de vixilancia encargado da seguridade das dependencias do CIXTEC.

b) Lugar de execución: nas dependencias do CIXTEC, sitas na rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: un ano a partir do outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.000.000 de ptas. (quince millóns) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: trescentas mil pesetas (300.000 ptas.).

Definitiva: seiscentas mil pesetas (600.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 13 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do CIXTEC, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC, rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1999.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económimco-Financeira e Contable