Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto con tramitación anticipada de gasto, para a contratación da dotación da aula-taller de forestal e laboratorio para o centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 44/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: dotación da aula-taller de forestal e laboratorio para o centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 29.000.0000 de ptas.

Lote 1: 17.000.000 de ptas. (aula-taller).

Lote 2: 12.000.000 de ptas. (laboratorio).

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 1.160.000 ptas. (4% importe de licitación).

Lote 1: 680.000 ptas.

Lote 2: 480.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información administrativa: 981 54 46 80 - 54 46 52. Información técnica: 981 56 31 33 (Sr. Mosquera).

e) Telefax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOE.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: día 26 de xaneiro de 2000.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: estes anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1999.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia e

Promoción do Emprego, Muller e Xuventude