Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 15 de decembro de 1999 Páx. 14.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación dos servicios de limpeza da Residencia da Terceira Idade de Ferrol, Oleiros e Santiago de Compostela.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Xestión Económica.

c) Número de expediente: 3/1999, 4/1999 e 5/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: explotación dos servicios de limpeza.

b) Lugar de execución: expediente 3/1999: R.T.I. Oleiros, expediente 4/1999: R.T.I. Ferrol, e expediente 4/1999: R.T.I. Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación:

a) Expediente 3/1999: 26.229.000 ptas., expediente 4/1999: 8.208.000 ptas., e expediente 5/1999: 10.040.000 ptas.

5. Garantía:

Expediente 3/1999: 524.580 ptas.

Expediente 4/1999: 164.160 ptas.

Expediente 5/1999: 200.800 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 11.

c) Localidade e código postal: A Coruña-15011.

d) Teléfono: 981 18 58 06.

e) Telefax: 981 18 58 01.

7. Requisitos específicos dos contratistas: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará ás ofertas: a que se indica na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 11.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase o seu respectivo contido, e o nome do licitador.

11. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de novembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña