Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 12435/1999).

Obxecto: o obxecto do concurso é a contratación dos servicios de asistencia á deputación para a publicación de anuncios en diarios oficiais e prensa.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2000.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: un máximo de 35.000.000 de ptas., 210.354 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 1.400.000 ptas., 8.414,17 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última a publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de decembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña