Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de asistencia médica e pediátrica no Fogar Infantil Emilio Romay. (Expediente 13025/1999).

Obxecto: o obxecto do concurso é a contratación dos servicios de asistencia médica e pediátrica no Fogar Infantil Emilio Romay.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: 1 de xaneiro do ano 2000 ata o 31 de decembro do ano 2003.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 2.084.880 ptas., 12.530 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de decembro de 1999.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña