Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA FONSAGRADA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno municipal, na sesión ordinaria do 19 de outubro de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións

e rasantes na rúa Segunda Ronda, no tramo comprendido entre a rúa da Fonte á C-630, promovido por instancia de Construcciones Landeira y Burgué, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto José-Ángel Santos Ferro.

En cumprimento do disposto no artigo 44-3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público o expediente polo prazo dun mes contado a partir do día da publicación do último dos anuncios, mediante publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. O expediente queda de manifesto na secretaría para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

A Fonsagrada, 22 de outubro de 1999.

Bertín Deza Fernández

Alcalde