Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión do vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle promoivido por Javier Orosa Castro en representación de Orosa Castro, S.L., que corresponde á reordenación do volume edificable no número 374-376 da estrada de Castela, e dispoñe-la apertura do trámite de información pública.

O citado estudio de detalle exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de todo aquel que queira examinalo.

O expediente poderase examinar na Xerencia de Urbanismo do Concello de Ferrol en horario de oficina.

Ferrol, 11 de novembro de 1999.

O alcalde

Rubricado