Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 22 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se lles notifica a determinadas axencias de viaxes o acordo de iniciación do expediente de revogación dos seus títulos-licencia.

Pola presente cédula notifícaselles ós titulares ou representantes legais das axencias de viaxes que figuran no anexo, que teñen os datos e últimos domicilios que tamén se sinalan, que a inspección adscrita a esta Dirección Xeral de Turismo constatou que as devanditas axencias non exercen a actividade desde hai máis dun ano.

Tendo en conta que, de acordo co establecido no artigo 12 a) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, é causa de revogación do título-licencia non mante-la actividade de axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada, esta dirección xeral acordou inicia-lo expediente de revogación do título-licencia das ditas axencias, de conformidade co establecido no artigo 12 do referido decreto.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días para efectuaren as alegacións que estimen pertinentes, podendo examina-los expedientes e obter copia dos documentos contidos neles, na Dirección Xeral de Turismo.

Para os efectos de que lles sirva de notificación ós titulares das mencionadas axencias de viaxes, en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1993, do 13 de xaneiro, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1999.

P.D. (Resolución 4-11-1999)

Antonio Díaz Otero

Subdirector xeral de Ordenación do Turismo

ANEXO

Axencia de viaxesRepresentante legalÚltimos domicilios coñecidos

Viajes Fergatur, S.A.Marcelino Martín Fuentes Ramos

Luis Gago Babío

José Ángel Espada Barros

Manuel Rodríguez Rodríguez

Axencia: Rúa Fernando III O Santo, 43, Entlo.

Santiago de Compostela

Razón social: Rúa Rep. Arxentina, 35-6ºB

Santiago de Compostela

Axencia de viaxesRepresentante legalÚltimos domicilios coñecidos

Viajes Galicia Tours, S.A.Alfonso Rico Verea

Emilio Álvarez Méndez

Rúa do Hórreo, 87, Ent. F

Santiago de Compostela

Emitur, S.A.Juán José Hidalgo Acera

Rubén Cerqueiro Balnco

Manuel Pereira Delgado

Rúa Romero Donallo, 34 Ent.

Santiago de Compostela

Viajes Montevideo, S.L.Domingo José Besada ParajeRúa Marqués de Valladares, 14-baixo

Vigo