Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 14 de decembro de 1999 Páx. 14.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de novembro de 1999, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00401-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación deste cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente. Matrícula. Denunciante: DX-00401-I-1999. M-9164-LL. LE9OR0033289433.

Denunciado. Último enderezo coñecido: Francisco J. Méndez Lorenzo. Eiravedra-Gil, s/n, 36968 Meaño, Pontevedra.

Feito denunciado. Data. Hora. Estrada. p.k.: realizar transporte de mercadorías (gando) co vehículo matrícula M-9164-LL (vehículo de 2 eixes provisto de autorización da serie MPC), que presenta un peso total en báscula de 4.550 kilogramos, estando autorizado para un P.M.A. de 3.500 kilogramos, ou que supón realizar transporte cun exceso de 1.050 kilogramos que representan un 30% de exceso sobre o seu peso máximo autorizado. 29-9-1999; 2.57.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: S/50.000 ptas.