Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de limpeza de edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais e sedes administrativas radicados na provincia de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios, mediante expediente anticipado de gasto.

b) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza de edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais radicados na provincia de Pontevedra.

c) Prazo de execución: o adxudicatario realizará o servicio contratado durante o ano 2000, axustándose, en canto á data de inicio, ós pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e coa posibilidade de prórroga segundo o sinalado na lexislación vixente.

d) Lugar de prestación do servicio: provincia de Pontevedra.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación:

Importe total: 16.100.000 ptas., IVE incluído, para a anualidade do ano 2000.

Aplicación orzamentaria: 13.01.123C.227.00.

5. Garantías:

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 4% do importe de licitación (644.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: secretaría xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17/54 47 54.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite da presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, agás que o último día fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador terá a obriga de mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, agás que fora sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais