1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: contrato de servicios, mediante expediente anticipado de gasto.
b) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza de edificios destinados a sedes de diversos órganos xudiciais radicados na provincia de Ourense.
c) Prazo de execución: o adxudicatario realizará o servicio contratado durante o ano 2000, axustándose, en canto á data de inicio, ós pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e coa posibilidade da prórroga segundo ó sinalado na lexislación vixente.
d) Lugar de prestación do servicio: provincia de Ourense.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 2.000.000 de ptas., IVE incluído, para a anualidade do ano 2000.
Aplicación orzamentaria: 13.01.123C.227.00.
5. Garantías:
a) Provisional: dispensada.
b) Definitiva: 4% do importe de licitación (80.000 ptas.).
6. Obtención da documentación e información:
a) Entidade: secretaría xeral.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 45 17/54 47 54.
e) Fax: 981 54 46 96.
f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non se exise.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ós trece (13) días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas:
a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 10.30 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1999.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais