Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 13 de decembro de 1999 Páx. 14.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Serra da Loba para os efectos de presentación de solicitudes en competencia.

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., con enderezo en Avda. do Cruceiro da Coruña, 201A, de Santiago de Compostela, para a autorización administrativa do parque eólico de Serra da Loba, cos seguintes datos:

Concellos afectados: Aranga e Monfero (A Coruña) e Guitiriz (Lugo).

Superficie afectada: 1.850 hectáreas.

Coordenadas:

V (585.000, 4.793.000), V (586.000, 4.795.000),

V (587.500, 4.796.000), V (589.000, 4.798.000),

V (590.000, 4.798.000), V (589.500, 4.797.000),

V (587.500, 4.795.000), V (586.500, 4.793.500),

V (587.000, 4.793.000), V (588.000, 4.794.000),

V (590.000, 4.793.000), V (589.000, 4.791.000),

V (590.000, 4.791.000), V (589.000, 4.790.000),

V (586.500, 4.790.000), V (586.000, 4.792.000).

Potencia que se vai instalar: 36,3 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar as solicitudes en competencia axustándose ó dis

posto no artigo 10 do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria